domingo, 14 de janeiro de 2007

Debate nuclear. 2.- A seguridade nuclear



Continúo o debate sobre a reintroducción da enerxía nuclear. Agora Bruxelas apoia a enerxía nuclear coa desculpa de combater o cambio climático, segundo lemos na Voz de Galicia e en Público PT. Pola miña parte continuo expoñendo a miña opinión: Despois de O lixo nuclear, hoxe falarei da “seguridade nuclear”.

Na Seguridade nuclear preocúpanme catro apartados, que plantexo a seguir:

A.-A seguridade no funcionamento normal das centrais:

Neste apartado debemos considerar, obviamente, a xestión do lixo nuclear, do que xa falamos, máis tamén de aspectos considerados normais, como pequenos escapes, incidentes e accidentes menores. Asuntos de discutíbel importancia e sobre os que hai estudios contradictorios. Por lembrar un, este sobrea planta de reprocesamento de Sellafield na Wikipedia.

B.- Os accidentes nucleares.

Nesta páxina da wikipedia portuguesa podemos encontrar unha boa definición de accidente nuclear, o que me exime de examinalo.

Na wikipedia tamén temos unha lista dos principais accidentes nucleares. Entre eles destacan:

· 1957, Windscale (Gran Bretaña)

· 1979, Three Mile Island (EE.UU.) magnitude 5 segundo a escala INES.

· 26 de abril de 1986, Chernóbil (Ucraína) magnitude 7 segundo a escala INES.

· 1999, Tokaimura (Xapón), magnitude 4 segundo a escala INES

A industria nuclear di que, hoxe en día, as posibilidades dun accidente son moi inferiores, pois as centrais están moito mellor construídas e, en concreto, un accidente tipo Chernóbil é imposíbel.

En calquera caso, accidentes de maior ou menor importancia séguense a producir. E o risco existe, como o demostra a existencia de protocolos de actuación como o da Dirección xeral de protección civil. (Ano 1999, sen actualizar), titulado Información previa a la población que pueda verse afectada por una emergencia radiológica.

C.- Terrorismo

Os accidentes nucleares importantes iniciáronse e, sobre todo, agraváronse por neglixencias humanas. Novas medidas de seguridade tratan de minimizar este factor de risco. Pero ¿que sucedería se un grupo de persoas actuase non con neglixencia, senón a mantenta, para producir una “accidente nuclear”. Por exemplo, se se estrelaran dous jumbos, como nas Torres Xemelgas?, ¿ou se un grupo armado e con coñecementos técnicos entrase nunha central?. ¿Poderían reproducir un novo Chernóbil?.

Outro tema é o roubo de material radioactivo. Non é ciencia ficción nin se trata só de uranio e plutonio para fabricación de bombas nucleares, (do que falarei a seguir) senón de outros elementos radioactivos, como o polonio, lamentabelmente de actualidades estes días. Poderían ser un arma de terror indiscriminado importante.

D.- Proliferación nuclear.

As centrais nucleares son necesarias para producir armamento nuclear e, despois de ver o que lle pasou a Sadam Hussein por non ter “armas de destrucción masiva, que país dos do “eixo do mal” non vai querer telas. E dos do eixo do ben tamén, claro. E mesmo dos que non están en ningún eixo.

A única forma de evitar unha carreira nuclear sería o desmantelamento total de todos os países, pero ese é outro tema que sobrepasa este artigo. Tan só manifestar que as centrais nucleares civís son a desculpa necesaria para poder ter unha industria nuclear militar e, dentro delas, as plantas de reprocesamento.

A solución que se propón é que estas plantas de reprocesamento non se podan ampliar a outros países. Así habería países “productores” (os que xa as teñen agora e que, por tanto, teñen bombas nucleares), e países “consumidores” (os que por non telas agora se lle prohibiría telas). Non parece gran solución.

E.- Mundo inseguro.

De todas formas, non é só a inseguridade que crean estas posibilidades senón, sobre todo, a seguridade de que, por existir o risco, hai que prevelo. E a forma de prever un risco de terrorismo ou de guerra nuclear é incrementando as medidas de control social, de represión policial e de militarización social. E esta certeza si que me crea inseguridade. A enerxía nuclear é un paso cara a un estado centralizado e policial.

Enlaces deste comentario:

lemos na Voz de Galicia

Público PT.

O lixo nuclear

Sellafield na Wikipedia.

Nesta páxina accidente nuclear

principales accidentes nucleares.

Windscale (Gran Bretaña)

Three Mile Island

Chernóbil

Tokaimura

Información previa a la población que pueda verse afectada por una emergencia radiológica.

Torres Xemelgas,

polonio (custe),

lamentabelmente (afectados polo Polonio)

non ter “armas de destrucción masiva.

Comments: Postar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?